Categoría: Ocio

ENTROIDO 2017

ENTROIDO 2017


Domingo 26 de Febreiro:
Festa Infantil de ENTROIDO.
Xogos, talleres, bailes e concurso de disfraces. Contaremos con: Mickey, Mini e Goofy.  Ademais dunha Festa con temática bucaneira.
Con talleres de Globoflexia e Maquillaxe.
A partires das 18:00h

Martes 28 de Febreiro

Festa-Concurso de ENTROIDO
Para Adultos.
A partires das 18:00h
CONCURSO CON PREMIOS

Cartel
Bases do Concurso



Nadal 2016-17. Programación

Nadal 2016-17. Programación


Venres 23 as 17:30h

No Pavillón de Forcarei,
Parque lúdico de Hichables con Tobogán Lunny e Multiarcos
Amenizado con unha festa temática!!

Xoves 29 as 17:00h

Na Concello, visita do Apalpador.

Venres 30 as 17:30h

No Pavillón de Soutelo de Montes
Hichables de Salto, e Bob Esponja
Amenizado con unha festa temática!!

Xoves 5 de Xaneiro


Cabalgata de Reis con saída de Soutelo de Montes as 18:30h, e chegada e recepción na Praza do Concello en Forcarei sobre 19:00h

Cartel
Diptico



Obra de Teatro. RETRINCOS DE CASTELAO

Obra de Teatro. RETRINCOS DE CASTELAO


O Venres 16 de Decembro as 19:00 horas no Auditorio de Soutelo de Montes.

Chegará a Forcarei a obra 'Retrincos de Castelao', no marco da programación teatral do Ano Castelao da Deputación de Pontevedra. Trátase dunha obra creada pola compañía Culturactiva para achegar ao público actual a vida e a traxectoria de Castelao, combinando a comedia con elementos dramáticos. Dirixida por Diego Rey, esta obra pon sobre o escenario a dous actores amplamente coñecidos na escena galega, Isabel Risco e Fran Rei.

'Retrincos de Castelao' parte de textos do propio Castelao, fundamentalmente de Cousas e Retrincos, e dunha ducia de viñetas, que dan como resultado un texto que vai saltando da vida á obra do autor rianxeiro e permite abordar todas as arestas do personaxe e ir repasando as súas facetas: a humana, o humorista, o debuxante e o político.

'Retrincos de Castelao' é un espectáculo de pequeno formato que, segundo xa explicara o actor Fran Rei no día da presentación da programación, "será un espectáculo ácido co que pretendemos achegarnos ao humor de Castelao, que tamén era ácido e cheo de pensamento político e de crítica". Asegurara, ademais, "que o texto é un arma de construción masiva nun momento no que os gobernos intentan botar terra sobre a nosa identidade".



IV Carreira Popular. Forcarei 2016

IV Carreira Popular. Forcarei 2016


 CATEGORÍAS:

  • Prebenxamíns (100m)
  • Benxamíns (200m)
  • Alevíns (1.200m)
  • Infantís/Cadete (2.200m)
  • Absoluta (7.500m) 

10 de Decembro de 2016

Inscrición:

Emesports.es

  • Recollida de dorsais as 16:00h
  • Comezo das carreiras as 17:30h
Cartel



1ª Mostra de Torneado e Talla

1ª Mostra de Torneado e Talla


Do 5 ó 11 de Decembro.

Exposición de pezas a cargo de Vicente  Cortizo Blanco.

No salón de Actos do Concello.

Cartel
Diptico



Aquí Galicia, da TVG en Forcarei

Aquí Galicia, da TVG en Forcarei


Tres horas de conexión en directo dende Forcarei! O programa "Aquí Galicia", da TVG, traerá a festa á Praza da Igrexa e fará un percorrido polas nosas parroquias, pola nosa música e pola nosa gastronomía.

Non volo perdades!



FESTA DA RICHADA E O PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES PARA ESTA CITA GASTRONÓMICA

FESTA DA RICHADA E O PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES PARA ESTA CITA GASTRONÓMICA


O Concello de Forcarei e os hostaleiros da capital municipal veñen de presentar o seu programa de actividades por mor da viséximo terceira edición da Festa Gastronómica da Richada, que se desenvolverá entre os días 3 e 6 de decembro, pero que contará con eventos complementarios ata o día 10.

Así, no eido puramente culinario, os restaurantes París, Victoria e Florida van poñer en marcha catro xornadas de festa, do sábado 3 ao martes 6, nas que os comensais poderán gozar dun completo menú de richada a un prezo de 15 euros. As persoas interesadas poden formular as súas reservas previas nos teléfonos 986 754012 (Victoria), 986 754134 (París) e 986 755033 (Florida).

Pola súa banda, e para complementar e apoiar a iniciativa dos hostaleiros, tal e como se está a facer nos últimos anos, o Concello de Forcarei promove e organiza unha serie de actividades orientadas a incrementar o fluxo de xente e de clientes que se acheguen ata Forcarei durante estas primeiras datas de decembro.

Para comezar, o vindeiro día 3 emitirase o programa "Aquí Galicia”, da Televisión de Galicia (TVG), gravado dende a localidade co obxectivo de incidir na promoción de Forcarei e da súa richada. Haberá unha gran carpa e as actuacións musicais dunha orquestra e de grupos da zona.

Xa o luns 5, procederase á inauguración, no salón de actos do consistorio, dunha mostra de traballos de madeira tallada elaborada por Vicente Cortizo Blanco. Esta colección, que estará exposta durante unha semana, foi presentada hoxe pola alcaldesa, Belén Cachafeiro, e o artista xunto co resto de actividades da richada.

Finalmente, o sábado 10 celebrarase a cuarta edición da Carreira Popular da Richada, que achegará novamente a centos de persoas ata Forcarei entre participantes, equipos, familiares e siareiros. A proba, que arrancará ás 17.30 horas da Praza do Concello, contará novamente coa exitosa competición entre as parroquias do municipio e tamén coas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluta con percorridos que oscilan entre os 100 metros e os 7,5 quilómetros. As inscricións poden formalizarse na web www.emesports.es.

Cachafeiro destacou a consolidación da richada "como a gran cita gastronómica de Galicia de comezos do mes de decembro” e destacou o esforzo dos hostaleiros "para impulsar o noso prato por toda Galicia”. Asimesmo, explicou que o Concello segue medrando no seu apoio a esta cita "cun programa de actividades paralelo cada vez máis intenso que pretende favorecer que Forcarei se encha de xente nesta primeira quincena de decembro”. Neste senso, amosouse convencida de que esta edición será un éxito "polo prestixio da richada, a coincidencia cunha longa ponte e o completo e variado programa de actividades promovido polo Concello”.



Nova Tempada de Pilates 2016-2017

Nova Tempada de Pilates 2016-2017


INSCRICIÓNS POR ORDE DE ACHEGA.

LUGAR E DATA FIN DE INSCRICIÓN: NO CONCELLO ATA O VENRES 18 DE NOVEMBRO.

  • PILATES FORCAREI:
DATA DE INICIO: 23 DE NOVEMBRO.

  • PILATES SOUTELO DE MONTES:
DATA DE INICIO: 25 DE NOVEMBRO.

Cartel



EXCURSiÓN A SALVATERRA DE MIÑO E PARQUE DA CANUDA

EXCURSiÓN A SALVATERRA DE MIÑO E PARQUE DA CANUDA


A ASOCIACIÓN DE MAIORES DE FORCAREI, EN COLABORACIÓN COA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, ORGANIZA:

EXCURSIÓN A SALVATERRA DE MIÑO E PARQUE DA CANUDA.
(04 de Novembro de 2016)
O prezo é de 12 € por persoa, que inc1úe:

• Visita ao Centro de Interpretación do Viña e da Lamprea.
• Visita ás tradicionais pesqueiras nos dous lados do río Miño.
• Autobús e comida.

.:. Horario saída Soutelo (Praza do Gaiteiro): 9:30
.:. Horario saída Forcarei (Centro Social): 9:45

LUGAR DE INSCRIPCIÓNS: CONCELLO DE FORCAREI (SERVIZOS SOCIAIS)
TELÉFONO: 986755149

PLAZO ATA O 27 DE OUTUBRO

Cartel



OBRADOIROS DE MEMORIA FORCAREI 2016

OBRADOIROS DE MEMORIA FORCAREI 2016


DIRIXIDO A…
Persoas maiores de 65 anos con ganas de manter e mellorar as súas funcións cognitivas (memoria, atención, etc)

LUGAR ,DATAS E HORARIO:
FORCAREI no Centro Social
Os Martes de 10:30h a 11:30h
Dende o 11 de outubro ata o 29 de novembro



PARA INSCRIPCIÓN OU MÁIS INFORMACIÓN

Antes do 10 de outubro no departamento de Servizos Sociais do Concello de Forcarei

Praza da Igrexa nº1. C.P. 36550 Forcarei
Tfno.: 986 75 50 36



OBRADOIRO DE ARTE FLORAL 2016

OBRADOIRO DE ARTE FLORAL 2016


PROGRAMA DEPO EN MARCHA

PROMOVIDO POLA EXCMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE FORCAREI.

"OBRADOIRO DE ARTE FLORAL”

DIRIXIDO A PERSOAS MAIORES A PARTIR DE 50 ANOS

DURACIÓN DO CURSO: 30 HORAS
HORARIO: de 16 a 19 horas

LUGAR: CENTRO SOCIAL DE FORCAREI

DATA DE COMENZO: 19 de outubro de 2016

ANOTARSE NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO


Cartel



XXV XUNTANZA DOS MAIORES

XXV XUNTANZA DOS MAIORES


O Venres 23 de Setembro de 2016.
PROGRAMA DE ACTOS.

  • Ás 13:00 horas, na Igrexa Parroquial de Forcarei, coa participación do Coro Parroquial
  • Ás 14:30 horas, XANTAR DE CONFRATERNIDADE NO RESTAURANTE PARIS.

Lugar e prazo de inscrición:

No departamento de Servizos Sociais do Concello de Forcarei.

O prazo estará aberto ata o martes 20 de setembro.

PREZO:12€.

Requisitos

As persoas que desexen participar deberán cumprir os seguintes requisitos:
  • Estar empadroado no Concello de Forcarei.
  • Ser maior de 65 anos, o menor coa condición de pensionista ou discapacidade.
  • Presentar xustificante de pago previo en:

ABANCA ES18 2080 5032 7531 1000 0778

Servizo de autobuses

Poñeremos a disposición dos veciños autobuses que farán o percorrido de costume.


Cartel



A lingua na boca!, un espectáculo cómico poético e musical sobre Castelao

A lingua na boca!, un espectáculo cómico poético e musical sobre Castelao


Venres 26 de Agosto
Na praza da Igrexa, en Forcarei.
As 19:30 horas

Cartel



La oveja Shaun. LA PELÍCULA. Cine na Rúa

La oveja Shaun. LA PELÍCULA. Cine na Rúa


O Xoves 25 de Agosto na Praza da Igrexa de Forcarei.
As 21:30h
CINE NA RÚA
LA OVEJA SHAUN
Cartel



Exodus: na procura do refuxio

Exodus: na procura do refuxio


No salón de Actos do Concello de Forcarei
Do 17 ó 31 de Agosto
de 9h a 14h de Luns a Sábado

"Exodus: na procura do refuxio". Mostra, que amosa unha compilación de fotografías sobre os refuxiados realizadas entre septembro e outubro de 2015, período no que as imaxes procedentes do éxodo producido a causa da guerra en Siria comezaron a ter un impacto maior, se cabe.
A foto máis recordada e a de Aylan, un neno de tres anos que foi atopado morto por un policía na costa de Turquía, o pasado 3 de septembro do ano 2015.




 

Nº de resultados:
36
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +